XORNADA COPA GALICIA E FASES PREVIAS: XORNADA 16 E 17 SETEMBRO

 .

 

Júnior Masculino (Copa Galicia 1ª Div. - 1ª e 3ª xornada)

.

- Estudiantes Lugo Leyma 87 Vs Seis do Nadal - Coia 57

Hora: sábado 16 ás 16:00 h. Lugar: Pazo (Lugo)

 

- Sigaltec Vs Seis do Nadal - Coia

Hora: mércores 20 ás 21:00 h. Lugar: Fontecarmoa (Arousa)

 

Júnior Feminino (Fase Previa 1ª División - 2ª xornada)

.

- Seis do Nadal - Coia 42 Vs Pontumio Panadería Puente 38

Hora: sábado 16 ás 18:00 h. Lugar: Central Travesas (Vigo)

 

Cadete Masculino (Fase Previa 1ª División - 2ª xornada)

.

- Seis do Nadal - Coia 84 Vs Hierros Ferreiro AXSC 66

Hora: sábado 16 ás 12:00 h. Lugar: Pavillón Navia (Vigo)

 

Cadete Feminino (Fase Previa 1ª División - 2ª xornada)

.

- Seis do Nadal - Coia 51 Vs BBCA Praia do Vilar 91

Hora: sábado 16 ás 18:00 h. Lugar: Pavillón Navia (Vigo)

 

Infantil Masculino (Fase Previa 1ª División - 2ª xornada)

.

- PBB "A" 76 Vs Seis do Nadal - Coia 82

Hora: sábado 16 ás 16:00 h. Lugar: P. Municipal (O Porriño)

O SÉNIOR FEMININO AUTONÓMICO DISPUTA UN AMISTOSO EN O PORRIÑO DURANTE AS FESTAS DO CRISTO

.

O Sénior Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, que competirá esta tempada na Primeira Autonómica, xogará o seu primeiro partido amistoso en O Porriño dentro do programa deportivo das Festas do Cristo 2017.

.

O partido disputarase o venres día 15 de setembro do 2017 ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de O Porriño ante o Sénior Feminino do Porriño Baloncesto Base xusto antes do partido da Copa Galicia que enfrontará ao Celta Zorka (Vigo) e ao Ensino de Lugo, ambos equipos da Liga Feminina 2.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE BALONCESTO DO CURSO 2017/2018

 

AS ESCOLAS DEPORTIVAS COMEZAN O

PRÓXIMO LUNS 2 DE OUTUBRO DO 2017

.

Coincidindo co inicio do novo curso 2017/2018, da comezo o programa de Escolas Deportivas Municipais da Concellería de Deportes do Concello de Vigo.

.

A actividade de baloncesto das Escolas Deportivas Municipais será organizada e impartida polo noso Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, entidade recoñecida polo Concello de Vigo co Indicativo de Calidade na promoción e formación do deporte da canastra.

.

As instalacións, días e horas nas que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desenvolverá a actividade de baloncesto neste novo curso 2017/2018 son:

.

.

Para conseguir máis información sobre as Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto podedes contactar cos números de teléfono 680507750 ou 627516980.

XORNADA COPA GALICIA E FASES PREVIAS: XORNADA 9 E 10 SETEMBRO

 .

 

Júnior Masculino (Copa Galicia 1ª División - 2ª xornada)

.

- Seis do Nadal - Coia 70 Vs Compañía de María 41

Hora: sábado 9 ás 18:00 h. Lugar: Pavillón Navia (Vigo)

 

Cadete Masculino (Fase Previa 1ª División - 3ª xornada)

.

- Novobasketvigo Azul 56 Vs Seis do Nadal - Coia 54

Hora: luns 11 ás 18:00 h. Lugar: Pavillón Berbés (Vigo)

 

Infantil Masculino (Fase Previa 1ª División - 1ª xornada)

.

- CB Ría de Ribadeo 49 Vs Seis do Nadal - Coia 61

Hora: venres 8 ás 12:00 h. Lugar: Pavillón Grande (Ribadeo)

O JÚNIOR MASCULINO "A" PRESENTE NO CLÍNIC DE ADESTRADORES/AS DO MEMORIAL QUINO SALVO

 

(Na primeira foto os membros do Júnior Masculino "A" xunto a Sito Alonso no Clínic, na foto de abaixo o equipo xunto a Moncho Monsalve)

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente no Clínic de Adestradores/as actividade incluída no programa do Memorial Quino Salvo. O equipo Júnior Masculino "A", dirixido por Fernando María Pérez e Andrés Araya, foi o equipo que participou no Clínic celebrado no polideportivo municipal de Navia ao longo do sábado día 2 de setembro do 2017.

.

Os xogadores do noso combinado estiveron ás ordes dos catro ponentes presentes no clínic: Moncho Monsalve, Pepe Laso, Pepe Casal e Sito Alonso, actual adestrador do FC Barcelona da Liga Endesa e cunha excelente traxectoria como técnico.

.

.

(Fotografías da charla de Sito Alonso durante o Clínic do Memorial Quino Salvo)

.

(Fotografías de Jorge González Marqués)

OS ALEVÍNS DO CLUB PARTICIPARON NO TORNEO DE MINIBÁSQUET DO MEMORIAL QUINO SALVO

 

(Os equipos alevíns do club durante a clausura do Torneo de Minibásquet)

 

Os equipos Alevín Masculino "A" e Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia participaron no Torneo de Minibásquet do II Memorial Quino Salvo que tivo lugar o pasado sábado día 2 de setembro do 2017 na Prazo do Rei a partir das 10:00 horas da mañá.

.

O Alevín Masculino "A", adestrado por Diego Montenegro e Abraham Vieira, participou no torneo xunto aos equipos de Novobásket, Salesianos, Marín Peixegalego, García Barbón e Porriño Baloncesto Base. O Alevín Feminino "A", dirixido por Sandra Solano e Uxía Martínez, participou xunto a Compañía de María, Mariano, Salesianos, RC Celta e Porriño Baloncesto.

.

(Os xogadores do FC Barcelona xunto aos participantes no torneo)

.

Os xogadores e xogadoras que participaron no torneo recibiron a visita dos xogadores do FC Barcelona da Liga Endesa que disputaron o partido central do II Memorial Quino Salvo fronte ao Obradoiro CAB de Santiago de Compostela.

.

.

.

.

.(Os equipos do Seis do Nadal durante o Torneo Memorial Quino Salvo)

.

(Fotografías de Jorge González Marqués)

XORNADA COPA GALICIA E FASES PREVIAS: XORNADA 2 E 3 SETEMBRO

 .

 

Júnior Masculino (Copa Galicia 1ª División - 1ª xornada)

.

- Estudiantes Lugo Leyma Natura Vs Seis do Nadal - Coia

(Aprazado)

 

Cadete Masculino (Fase Previa 1ª División - 1ª xornada)

.

- Seis do Nadal - Coia 98 Vs CB Ría de Ribadeo 54

Hora: domingo 3 ás 18:00 h. Lugar: Pavillón Navia (Vigo)

 

Cadete Feminino (Fase Previa 1ª División - 1ª xornada)

.

- Seis do Nadal - Coia 46 Vs Básquet Coruña Leyma 67

Hora: domingo 3 ás 20:00 h. Lugar: Pavillón Navia (Vigo)

OS ALEVÍNS DO CLUB PARTICIPARÁN NO TORNEO DE MINIBÁSQUET DO MEMORIAL QUINO SALVO

 

Os equipos Alevín Masculino "A" e Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia participarán no Torneo de Minibásquet do II Memorial Quino Salvo que terá lugar o próximo sábado día 2 de setembro do 2017 na Prazo do Rei a partir das 10:00 horas da mañá.

.

O Alevín Masculino "A", adestrado por Diego Montenegro e Abraham Vieira, participarán no torneo xunto aos equipos de Novobásket, Salesianos, Marín Peixegalego, García Barbón e Porriño Baloncesto Base. O Alevín Feminino "A", dirixido por Sandra Solano e Uxía Martínez, participará xunto a Compañía de María, Mariano, Salesianos, RC Celta e Porriño Baloncesto.

.

Xogadores/as e adestradores/as dos equipos participantes no Torneo de Minibásquet estiveron presentes na Presentación Oficial do II Memorial Quino Salvo que se levou a cabo na exposición fotográfica da Historia do Baloncesto Vigués diante do Museo do Marco na Rúa Príncipe.

.

.

(Memrbos da entidade durante a Presentación do II Memorial Quino Salvo)

ANTÍA VEGA ADESTRARÁ AO INFANTIL MASCULINO "C" E AO CADETE FEMININO "B" O PRÓXIMO CURSO

.

Antía Vega adestrará aos equipos Infantil Masculino "C" e Cadete Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal a próxima tempada 2017/2018 despois da súa incorporación ao corpo técnico na pasada tempada 2016/2017.

.

Antía Vega, na súa segunda tempada como adestradora da entidade, adestrará ao Infantil Masculino "C" que competirá na Liga 1ª División Preinfantil Masculina e ao combinado Cadete Feminino "B" que participará na Liga 2ª División Cadete.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL FORMA AO SEU CORPO TÉCNICO DURANTE AS VACACIÓNS DE VERÁN

(Grupo de traballo do Ciclo de Formación Interna para Adestrador@s)

 

(Sergio González impartindo unha das charlas teóricas do Ciclo Fomativo)

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza durante o presente mes de agosto un Ciclo de Formación Interna para
Adestradores e Adestradoras
. Como en cada tempada o Seis do Nadal - Coia organiza nesta época de verán accións formativas que teña como protagonista principal ao grupo de adestradores e adestradoras.

.

Aproveitando as vacacións estivais, Sergio González, Director Deportivo da entidade viguesa, dirixe e desenvolve un Ciclo de Formación Interna dirixido aos seus adestradores de iniciación e a xogadores e xogadoras que queiran continuar, no primeiro caso, ou inicar o seu camiño, no segundo dos casos, cara ser futuros adestradores e técnicos.

 

Combinando sesións teóricas e supostos prácticos en pista, Sergio González imparte o Ciclo a un grupo de máis de vinte futuros monitores que según palabras do Director Deportivo "amosan un gran interese no presentado en cada unha das clases e ademais se esforzan en cada unha das tareas que se propoñen". "Para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia esta iniciativa supón un gran avance de cara a mellorar a estrutura deportiva, unha estrutura que sigue aumnetado cada tempada no número de licenzas e que oblíganos a aumentar e mellorar o noso corpo técnico".

 

Máis fotografías do Ciclo Interno de Formación

 

 

 

UXÍA MARTÍNEZ ADESTRARÁ AO BENXAMÍN MASCULINO "B" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2017/2018

.

Uxía Martínez adestrará ao equipo Benxamín Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2017/18 despois da súa incorporación ao corpo técnico como adestradora axudante na pasada tempada 2016/17.

.

Uxía Martínez, xogadora de categoría júnior da entidade, vivirá a súa primeira tempada como adestradora principal dun equipo federado despois de desenvolver funcións de axudante a xa pasada tempada 2016/2017 no equipo Infantil Feminino "B".

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

 

DIEGO MONTENEGRO CONTINUARÁ NA ESTRUTURA DEPORTIVA DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2017/2018

.

Diego Montenegro continuará a próxima tempada 2017/2018 na estrutura deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. Cumprirá a súa décima tempada como adestrador da entidade e vivirá a súa segunda campaña como Coordinador Deportivo xunto a Sergio González, actual Director Deportivo do club.

.

Diego Montenegro adestrará, a próxima tempada 2017/2018, ao Infantil Masculino "A" (nados no ano 2004), equipo que xa adestrou a pasada tempada competindo na Liga 1ª División Preinfantil, e ao Alevín Masculino "A" (nados no ano 2006) que competirá na Liga 1ª División Minibásquet. Ademais fará as funcións de adestrador axudante no Sénior Masculino "A" do club que participará na Liga 1ª División Masculina.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dará a coñecer nos próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

CARLOS RODRÍGUEZ INCORPÓRASE AO CORPO TÉCNICO DO CLUB E DIRIXIRÁ AO JÚNIOR MASCULINO "C"

.

Carlos Rodríguez incorpórase de novo ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta nova tempada 2017/2018, despois de xa formar parte da nosa estructura nas pasadas campañas 2011/2012, 2014/2015 e 2015/2016.

.

Na próxima tempada 2017/2018, na que vai ser a súa cuarta tempada no club, adestrará ao equipo Júnior Masculino "C" que competirá na Liga 2ª División Júnior Masculina e estará formado por xogadores de categoría júnior de primeiro ano.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

ALBERT TOMAS SERÁ O NOVO ADESTRADOR DO SÉNIOR MASCULINO DE 1ª DIVISIÓN A PRÓXIMA TEMPADA

.

Albert Tomas será o novo técnico do Sénior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que competirá na Liga Primeira División Sénior Masculina na próxima tempada 2017/2018. Cumprirá a súa undécima tempada no club desde a súa incorporación na pasada campaña 2007/2008.

..

Albert Tomas tomará o mando do Sénior Masculino "A" da entidade despois de formar parte do corpo técnico do equipo nas últimas tempadas, incluido o curso pasado no que o noso equipo competía, por primeira vez na historia do club, na Liga EBA. Contará no seu corpo técnico, como adestrador axudante do combinado, con Diego Montenegro.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

ABRAHAM VIEIRA ADESTRARÁ AO INFANTIL FEMININO "B" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2017/2018

.

Abraham Vieira continuará a próxima tempada 2017/2018 no grupo de técnicos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia cumprindo a súa cuarta tempada na entidade despois da súa incorporación na pasada tempada 2014/2015.

.

Esta nova tempada 2017/2018 adestrará e dirixirá ao conxunto Infantil Feminino "B" que xogará na Liga 2ª División Infantil Feminina. Tamén será o adestrador axudante do grupo Alevín Masculino "A", equipo que participará na Liga 1ª División de Minibásquet Masculina.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

AALÍ MOHAMED CONTINUARÁ NO CORPO TÉCNICO DO SEIS DO NADAL COIA A PRÓXIMA TEMPADA 2017/2018

.

Aalí Mohamed cumpriá a próxima tempada 2017/2018 a súa trixésimo quinta tempada formando parte do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e adestrará ao equipo Benxamín Masculino "A" ademais de ser o técnico axudante do Infantil Feminino "A" que competirá na Liga 1ª División.

..

Na súa primeira tempada Aalí Mohamed contribuiu a prantar o xerme inicial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, unha das canteiras máis importantes da cidade de Vigo así como da comunidade galega. Nesta nova tempada deportiva 2017/18, e despois de trinta e catro tempadas na nosa entidade, adestará ao Benxamín Masculino "A" e continuará de axudante no Infantil Feminino "A", seguindo co traballo do pasado curso.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

SANDRA SOLANO DIRIXIRÁ A PRÓXIMA TEMPADA AO ALEVÍN FEMININO "A" E AO BENXAMÍN FEMININO

.

Sandra Solano continuará a próxima tempada 2017/2018 no cadro de técnicos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia despois da súa incorporación ao noso club na pasada tempada 2008/2009 como adestradora axudante no deporte federado.

.

Esta nova tempada 2017/2018 adestrará e dirixirá aos equipos Alevín Feminino "A" e Benxamín Feminino, conxuntos que competirán na Liga 1ª División de Minibásquet e na Liga Zonal de Minibásquet respectivamente.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

JOSE LUIS NÓVOA DIRIXIRÁ AO SÉNIOR MASCULINO "B" E AO JÚNIOR MASCULINO "B" O PRÓXIMO CURSO

.

Jose Luis Nóvoa continuará a próxima tempada 2017/2018 no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia despois da súa incorporación á nosa entidade no pasado curso 2015/16 e cumprindo nesta nova campaña a súa terceira como adestrador do club.

.

Adestrará e dirixirá aos combinados Sénior Masculino "B" e Júnior Masculino "B" da entidade, conxuntos que xa dirixiu a pasada tempada e que competirán na Liga 3ª División Sénior Masculina e na Liga 2ª División Júnior respectivamente.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

INICIOS PRETEMPADAS 2017/2018 EQUIPOS FEDERADOS CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

(A medida que se coñeza o corpo técnico da próxima tempada 2017/2018 se actualizarán os adestradores/as de cada equipo federado e as datas do inicio das pretempadas)

.

SÉNIOR MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Albert Tomas e Diego Montenegro

Inicio: luns 21 de agosto ás 22:00 h. no Pavillón Navia

 

SÉNIOR MASCULINO "B" (Liga 3ª División)

Adestradores: Jose Luis Nóvoa

Inicio: luns 28 de agosto ás 22:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

SÉNIOR FEMININO "A" (Liga Primeira Autonómica)

Adestradores: Andrés Álvarez

Inicio: martes 22 de agosto as 21:45 h. no Col. Seis do Nadal

 

SÉNIOR FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Francisco Javier García

Inicio: luns 4 de setembro as 21:45 h. no Col. Seis do Nadal

.

JÚNIOR MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Fernando María "Mani" Pérez e Andrés Araya

Inicio: xoves 3 de agosto ás 20:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

JÚNIOR MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Jose Luis Nóvoa

Inicio: mércoes 6 de setembro ás 21:00 h. no Col. Seis Nadal

 

JÚNIOR MASCULINO "C" (Liga 2ª División)

Adestradores: Carlos Rodríguez

Inicio: martes 22 de agosto as 19:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

JÚNIOR FEMININO (Fase Previa 1ª División)

Adestradores: Francisco Javier García

Inicio: mércores 2 de agosto ás 20:00 h. na Praia de Samil

.

CADETE MASCULINO "A" (Fase Previa 1ª División)

Adestradores: Pablo Alonso e Álvaro Vidal

Inicio: luns 31 de xullo ás 10:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

CADETE MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Álvaro Rodríguez

Inicio: venres 15 de setembro ás 20:30 h. no Col. Seis Nadal

 

CADETE MASCULINO "C" (Liga 2ª División)

Adestradores: Sergio González e Hugo López

Inicio: martes 29 de agosto ás 17:30 h. no Col. Seis do Nadal

 

CADETE FEMININO "A" (Fase Previa 1ª División)

Adestradores: Pablo Alonso

Inicio: luns 7 de agosto ás 10:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

CADETE FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Antía Vega

Inicio: luns 11 de setembro ás 18:45 h. no Col. Illas Cíes

.

INFANTIL MASCULINO "A" (Fase Previa 1ª División)

Adestradores: Diego Montenegro e Sandra Solano

Inicio: luns 7 de agosto ás 12:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

INFANTIL MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Antía Rivela

Inicio: pendente de confirmar

 

PREINFANTIL MASCULINO (Liga 1ª División)

Adestradores: Antía Vega

Inicio: martes 5 de setembro ás 16:30 h. no Col. Seis do Nadal

 

INFANTIL FEMININO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Jorge Martínez e Aalí Mohamed

Inicio: luns 28 de agosto ás 10:00 h. na Praia de Samil

 

INFANTIL FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Abraham Vieira

Inicio: martes 12 de setembro ás 17:30 h. no Col. Seis Nadal

 

PREINFANTIL FEMININO (Liga 1ª División)

Adestradores: Andrés Álvarez

Inicio: luns 4 de setembro ás 12:00 h. no Col. Celso Emilio

 

ALEVÍN MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Diego Montenegro e Abraham Vieira

Inicio: xoves 31 de agosto ás 12:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

ALEVÍN MASCULINO "B" (Liga Minibásquet)

Adestradores: Sergio González e Brais Álvarez

Inicio: luns 11 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

ALEVÍN FEMININO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Sandra Solano e Uxía Martínez

Inicio: xoves 31 de agosto ás 16:00 h. no Col. Celso Emilio

 

BENXAMÍN MASCULINO "A" (Liga Preminibásquet)

Adestradores: Aalí Mohamed

Inicio: luns 18 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

BENXAMÍN MASCULINO "B" (Liga Preminibásquet)

Adestradores: Uxía Martínez

Inicio: luns 18 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

BENXAMÍN FEMININO (Liga Preminibásquet)

Adestradores: Sandra Solano e Marta Espantoso

Inicio: luns 18 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis do Nadal

PABLO TRESANDÍ, XOGADOR DO CLUB, CONVOCADO COA SELECCIÓN ESPAÑOLA U12 MASCULINA

(Pablo Tresandí, xogador do club, coa Selección Española U12)

.

Pablo Tresandí, xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, foi convocado coa Selección Española U12 Masculina para a Operación Talento que se está a desenvolver en Íscar (Valladolid) desde o pasado día 31 de xullo ata o próximo 4 de agosto do 2017.

.

Pablo Tresandí, xogador do club, formará parte dun grupo de trinta xogadores de toda a xeografía nacional e nados no ano 2005 que adestrarán ao longo dos cinco días de concentración integrando a Selección Española U12 Masculina.

.

Desde tódalas seccións do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia queremos desexarlle moitísima sorte a Pablo Tresandí e darlle a noraboa pola convocatoria coa Selección Española U12 Mascuina, feito que non fai máis que reforzar o traballo realizado pola nosa entidade tempada tras tempada.