ANDRÉS ÁLVAREZ DIRIXIRÁ AO SÉNIOR FEMININO "A" E PREINFANTIL FEMININO A PRÓXIMA TEMPADA

.

Andrés Álvarez continuará a próxima tempada 2017/2018 no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, tempada na que cumprirá a súa oitava campaña adestrando na entidade olívica.

.

Andrés Álvarez dirixirá ao Sénior Feminino "A" que competirá na Liga Primeira Autonómica Feminina, na que será a súa primeira experiencia no corpo técnico dun equipo de categoría sénior, e ao equipo Preinfantil Feminino que participará na Liga 1ª División Preinfantil Feminina.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

No hay comentarios: