DIEGO MONTENEGRO CONTINUARÁ NA ESTRUTURA DEPORTIVA DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2017/2018

.

Diego Montenegro continuará a próxima tempada 2017/2018 na estrutura deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. Cumprirá a súa décima tempada como adestrador da entidade e vivirá a súa segunda campaña como Coordinador Deportivo xunto a Sergio González, actual Director Deportivo do club.

.

Diego Montenegro adestrará, a próxima tempada 2017/2018, ao Infantil Masculino "A" (nados no ano 2004), equipo que xa adestrou a pasada tempada competindo na Liga 1ª División Preinfantil, e ao Alevín Masculino "A" (nados no ano 2006) que competirá na Liga 1ª División Minibásquet. Ademais fará as funcións de adestrador axudante no Sénior Masculino "A" do club que participará na Liga 1ª División Masculina.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dará a coñecer nos próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

No hay comentarios: