FERNANDO MARÍA "MANI" ADESTRARÁ AO JÚNIOR MASCULINO "A" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2017/2018

.

Fernando María "Mani" Pérez continuará a próxima tempada 2017/18 no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia despois da súa incorporación á nosa entidade no pasado curso 2016/17 e sendo un técnico cunha longa e contrastada experiencia no mundo da canastra.

.

Adestrará e dirixirá ao equipo Júnior Masculino "A" do club, conxunto que competirá na Liga 1ª División Júnior Masculina despois do ascenso conseguido na pasada tempada 2016/17, tempada na que o equipo, xa adestrado por Fernando María "Mani", proclamouse campión da Liga Segunda División Júnior Masculina e da Fase de Ascenso.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

No hay comentarios: