FRANCISCO JAVIER GARCÍA DIRIXIRÁ AO SÉNIOR FEMININO "B" E AO JÚNIOR FEMININO "A" O PRÓXIMO CURSO

.

Francisco Javier García seguirá formando parte do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2017/2018, cumprindo a súa décimo sétima tempada como adestrador do club desde os seus comezos no pasado curso 2001/2002.

.

Francisco Javier García adestrará ao Sénior Feminino "B", equipo que competirá na Liga 2ª División e que xa adestraba na pasada tempada 2016/17, e ao conxunto Júnior Feminino "A", que participará na Fase Previa de Clasificación á Primeira División Júnior Feminina.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.


No hay comentarios: