lunes, 10 de julio de 2017

O EQUIPO SUB22 FEMININO DO SEIS DO NADAL - COIA PROCLAMOUSE CAMPIÓN DO CIRCUITO GALEGO

(O equipo Sub22 Feminino co trofeo de campioas do Circuito)

..

SUB22 FEMININO

TEMPADA 2016/2017

 

CAMPIÓN CIRCUITO SUB22

..

O equipo Sub22 Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado por Jorge Martínez, Andrés Álvarez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, proclamouse equipo campión do Circuito Sub22 Feminino organizado pola Federación Galega de Baloncesto na recta final da tempada 2016/2107.

..

Neste tempada 2016/2017 o Circuito Sub22 Feminino contou con catro equipos participantes: Seis do Nadal - Coia (Vigo), Gadasa Skoda Carmelitas (Ourense), CB Arxil (Pontevedra) e Universitario Campus Ourense.

..

Os resultados da primeira concentración na que participou o noso combinado foron os seguintes:

..

Sábado 20 de maio do 2017 (1ª xornada) - Ourense

 

(10:00 h.) Universitario Ourense 54 Vs Carmelitas 61

(12:00 h.) Seis do Nadal - Coia 66 Vs CB Arxil 41

 

Os resultados da segunda e derradeira concentración para o equipo do Seis do Nadal - Coia que se disputou no Pavillón Maxisterio da vila de Pontevedra foron os seguintes:

..

Domingo 4 de xuño do 2017 (2ª xornada) - Pontevedra

 

(10:00 h.) Seis do Nadal - Coia 83 Vs Carmelitas Ourense 66

(12:00 h.) CB Arxil 48 Vs Universitario Campus Ourense 35

(17:00 h.) Seis do Nadal Coia 58 Vs Unviersitario Campus 42

(17/06/2017) CB Arxil 56 Vs Carmelitas Ourense 74