PABLO ALONSO ADESTRARÁ AO CADETE MASCULINO "A" E CADETE FEMININO "A" A PRÓXIMA TEMPADA

.

Pablo Alonso continuará a próxima tempada 2017/2018 no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. No que será a súa cuarta tempada formando parte da entidade, adestrará ao Cadete Masculino "A" e ao Cadete Feminino "A".

.

Pablo Alonso, despois de adestrar no pasado curso 2016/2017 aos combinados Cadete Masculino "C" e ao Cadete Feminino, continuará nesta nova campaña cos dous equipos competindo ao inicio da tempada na Fase Previa de Clasificación á Liga Primeira División.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

No hay comentarios: