SERGIO GONZÁLEZ SEGUIRÁ AO FRONTE DA DIRECCIÓN DEPORTIVA DO CLUB NA TEMPADA 2017/2018

000.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia confirma unha tempada máis a continuidade de Sergio González ao fronte da Dirección Deportiva da entidade, desde a súa entrada no ano 2007.

000.

Sergio González afrontará por décima tempada consecutiva a Dirección Deportiva do club olívico, cos obxectivos de mellorar e consolidar cada un dos pilares da estrutura da entidade, así como perseguir ofrecer as mellores condicións de traballo e formación aos deportistas, adestradores e técnicos.

 

Sergio González compaxinará, como é habtiual cada tempada, as súas funcións de Director Deportivo coas de adestrador dos equipos da entidade. Para esta nova tempada 2017/2018, Sergio González abandoará a categoría sénior, tras cinco anos ao fronte do equipo Sénior Masculino do club e de competir a pasada tempada na Liga EBA, e dirixirá aos equipos Alevín Masculino "B" (nados no ano 2007) e Cadete Masculino "C" (nados no ano 2003).

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dará a coñecer nos próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios das pretempadas.

No hay comentarios: