martes, 22 de agosto de 2017

ANTÍA VEGA ADESTRARÁ AO INFANTIL MASCULINO "C" E AO CADETE FEMININO "B" O PRÓXIMO CURSO

.

Antía Vega adestrará aos equipos Infantil Masculino "C" e Cadete Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal a próxima tempada 2017/2018 despois da súa incorporación ao corpo técnico na pasada tempada 2016/2017.

.

Antía Vega, na súa segunda tempada como adestradora da entidade, adestrará ao Infantil Masculino "C" que competirá na Liga 1ª División Preinfantil Masculina e ao combinado Cadete Feminino "B" que participará na Liga 2ª División Cadete.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.