lunes, 6 de noviembre de 2017

SYNGENTA CONTINUARÁ UNHA TEMPADA MÁIS APOIANDO AO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

(De esquera a dereita durante a renovación da colaboración: Ramón Román, directivo do club; Ana Frade, responsable de Syngenta; Inmaculada Mosquera, directora de Syngenta; Grial Santolaya, asistente da dirección de Syngenta; e Sergio González, Director Deportivo do club)

.

Syngenta volverá a ser unha campaña máis Patrocinador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia mantendo nesta nova tempada 2017/2018 o seu apoio e colaboración co club vigués, colaboración que se mantén desde a tempada 2009/2010.

 

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia renovaron durante a pasada semana o acordo de colaboración coa máxima responsable de Syngenta, Inmaculada Mosquera.

.

Coa firma deste novo acordo, Syngenta seguirá sendo un dos colaboradores máis importantes do club vigués, e nesta nova tempada 2017/2018 os dous primeiros equipos sénior da entidade, tanto o conxunto masculino coma o feminino, levarán o nome de Syngenta Seis do Nadal.

 

A pasada tempada Syngenta acompañou ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na primeira campaña na historia do club na que se competía co equipo Sénior Masculino na Liga EBA. A empresa dirixida por Inmaculado Mosquera estivo presente durante toda a tempada no nome do equipo e nas equipacións do noso combinado.

 

(O equipo Sénior Masculino do club nun dos partidos da Liga EBA que disputou a pasada tempada no pavillón de Navia)

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.